Relativismo - Glosario de filosofía

A | B | C | D | E | F | G | H | I | J | K | L | M | N | O | P | Q | R | S | T | U | V | Y

Si una palabra no aparece en el listado de términos mostrado es que no se encuentra definida en el glosario.

Relativismo
Co termo relativismo referímonos, en xeral, a toda posición filosófica que nega a existencia de verdades absolutas, xa sexa no ámbito do coñecemento, da moral ou da metafísica. Considérase que foi Protágoras de Abdera o primeiro defensor do relativismo, reflectido na súa afirmación "o home é a medida de tódalas cousas: das que son, en canto que son, e das que non son, en canto que non son".

Aínda que moi desprestixiado durante a maior parte da historia da filosofía, o relativismo atopou na actitude anti-metafísica do pensamento contemporáneo un extraordinario desenvolvemento, non só na filosofía, senón tamén na antropoloxía, a socioloxía, etc., sendo a posición máis difundida na cultura contemporánea en xeral.